En construcción...
No curso 2016-2017 comezamos a traballar no centro nun proxecto denominado Meteonoalla. A través deste proxecto iniciouse no colexio un traballo que pretendía, dende o seu comezo, acercar ao alumnado ao coñecemento da meteoroloxía. Montáronse no centro dúas estacións, sendo unha delas dixital e a través da cal se obteñen datos como: velocidade do vento, precipitacións, temperatura, calidade do aire, presión atmosférica, ... Con esta información fomos realizando rexistros e traballando entorno a este centro de interese dende, practicamente, tódalas materias do currículo e en todos os niveis educativos.
No curso 2019-2020 quixemos ampliar o proxecto inicial co que que denominamos Meteolanzada. O seu obxectivo inicial é a montaxe dunha boia na praia da Lanzada para que realice unha medición de variables, concretamente dúas: altura da onda e temperatura. Tamén a montaxe dunha webcam en tempo real enfocada cara a zona na que estaría ubicada a boia.
En construcción....
Nesta páxina pretendemos dar a coñecer os proxectos que realizamos dende o colexio e que gardan relación coa meteoroloxía. Ao primeiro deles démoslle o nome de Meteonoalla e ao segundo Meteolanzada. Para o primeiro contamos no centro con dúas estacións que nos proporcionan diversos datos cos que poder traballar; o segundo baséase na instalación dunha boia oceanográfica na praia da Lanzada, coa cal tamén realizamos diversas propostas educativas.
Orixe dos datos: Meteogalicia
© 2024 MeteoNoalla